A escola de nais e pais é una modalidade de intervención psicolóxica que vai orientada ao adestramento das nais e dos pais nunha serie de habilidades que lles permitirán gañar maior competencia á hora de facer fronte ás condutas dos fillos no día a día.
Problemas de conduta como: "rabietas", desobediencia, problemas coa disciplina, agresividade, etc., poden ser facilmente manexables se as nais e os pais contan cun repertorio axeitado de respostas.
O obxectivo da escola é, polo tanto, proporcionar aos asistentes un conxunto de coñecementos respecto dos diferentes patróns de comportamento dos menores, segundo o tramo de idade; ademáis de adestralos no manexo das habilidades necesarias para reducir as condutas inadecuadas dos fillos e reforzar as axeitadas.
Para coñecer máis sobre a escola de nais e pais non dubide en contactar connosco. Na sección de
contacto atopará como facelo.